O Día do Pai merece celebrarse arredor dunha mesa especial, nun entorno único e coa tranquilidade do rural galego.
Este 19 de marzo ao mediodía, en Finca Casa Barqueiro (Gonte) propoñemos un menú especial do Día do Pai, deseñado para compartir en familia, gozar sen présas e render homenaxe a quen sempre está.
Unha experiencia gastronómica co selo de Casa Barqueiro, onde tradición, produto e coidado nos detalles van da man.
Menú especial · 50€ por persoa
Bebidas incluídas (viños, auga, refrescos)
As prazas son limitadas.
É imprescindible reservar no teléfono: +34 629 59 49 90
Celebremos xuntos un día que fala de familia, gratitude e mesa compartida.
A fin de semana do 21 e 22 de marzo poderedes reservar mesa para gozar dun menú especial preparado para a ocasión, no que rendemos homenaxe a este produto tan noso, elaborado coa esencia da cociña tradicional.
Unha celebración pensada para sentar á mesa, compartir e desfrutar da gastronomía como máis nos gusta.
As xornadas forman parte da nosa cociña de tempada e da maneira de entender a gastronomía que nos acompaña desde hai 25 anos.
📞 Reservas abertas por teléfono 629 59 49 90
[Reserva con antelación]
Dispoñemos de amplos salóns onde respectamos a orixe da nosa terra, a pedra, a madeira, as zonas verdes axardinadas, fan que os eventos sexan unha experiencia única e inesquecible.
Celebracións familiares íntimas ou de empresas para grupos grandes.
Vodas, bautizos, primeiras comuñóns son motivo de celebración na nosa Finca.
Dispoñemos dunha cociña actual, moderna, sempre respectando o produto de proximidade, o produto das nosas rías, e as verduras e hortalizas de km 0.
Eventos tratados con mimo polo noso persoal, buscando sempre a excelencia no trato co cliente e o resultado final do evento.
Además dispoñemos de amplos xardíns, aparcamento privado e espazos para o servizo de animación infantil, hinchables, etc.
Dispoñemos dunha cociña actual, moderna, sempre respectando o produto de proximidade, o produto das nosas rías, e as verduras e hortalizas de km 0.
O menú do voso evento estará especialmente creado ao voso gusto.
Sentirvos libres de escoller un menú orixinal e diferente para o voso día especial.
Bombones, cañitas con crema, esferas de chocolate e a torta de queixo ao forno con xeado son algúns das sobremesas que se repiten en todas as celebracións
A nosa Tarta de Celebracións